Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55490

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación e tramitación urxente, para a adxudicación do contrato do servizo de axuda no fogar.

De conformidade co acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 16 de novembro de 2017 por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación e tramitación urxente, para a adxudicación do contrato do servizo de axuda no fogar no Concello de San Cibrao das Viñas, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de San Cibrao das Viñas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría.

2º. Domicilio: praza da Constitución, 1.

3º. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas 32911.

4º. Teléfono: 988 38 10 34.

5º. Fax: 988 38 11 01.

6º. Correo electrónico: info@sancibrao.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: sancibrao.sedelectronica.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 40/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de axuda a domicilio no Concello de San Cibrao das Viñas.

c) División por lotes e número de lotes/unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Domicilio: praza da Constitución, 1.

2º. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas 32911.

e) Prazo de execución/entrega: 2 anos.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non procede.

h) Sistema dinámico de adquisición: non procede.

i) CPV: 85310000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación:

– Criterios avaliables mediante a aplicación de fórmulas:

Os criterios de valoración para a selección da empresa adxudicataria serán os seguintes, os cales se sinalan por orde decrecente de importancia e ponderación:

a) Prezo ofertado á baixa*: máximo 30 puntos.

A empresa que oferte o prezo/hora de servizo máis baixo obterá a máxima puntuación e as que oferten prezo/hora tipo de licitación obterán 0 puntos. As restantes proposicións valoraranse de acordo coa seguinte fórmula:

Prezo menor × puntuación máxima

-----------------------------------------------

Prezo ofertado

A puntuación anterior distribúese do seguinte xeito, en función dos distintos tipos de prestacións:

– Hora ordinaria dependencia: máximo 20 puntos.

– Hora ordinaria prestación básica: máximo 6 puntos.

– Hora extraordinaria (domingos, festivos e sábados a partir das 15.00 horas): máximo 4 puntos.

*A valoración do prezo ofertado realizarase excluíndo o imposto sobre o valor engadido.

Nos casos de presentación de ofertas por parte de entidades que estean exentas do IVE pola prestación deste servizo, o prezo máximo será o prezo/hora sen IVE establecido nestes pregos.

b) Oferta de axudas técnicas anuais (sen custo a maiores dos previstos nos pregos): máximo 25 puntos.

Dentro desta epígrafe valorarase exclusivamente a presentación por parte das empresas dos seguintes servizos complementarios destinados a mellorar e incrementar a calidade de vida das persoas usuarias e as súas familias, e en concreto: guindastres de mobilización persoal, cadeiras ducha-bañeira, camas articuladas, cadeiras de rodas e andadores. As empresas licitadoras deberán indicar o número de axudas que poñen á disposición do Concello de San Cibrao das Viñas para a duración total do contrato. No referente á xestión das ditas axudas (entrega no domicilio dos usuarios/as, recollida, mantemento, etc.) será por conta da empresa adxudicataria.

Os efectos de valoración non se terán en conta outras axudas técnicas diferentes ás expostas. As empresas licitadoras deberán presentar descrición detallada e soporte fotográfico das ditas axudas técnicas, e as ditas axudas deberán reunir as características de eficacia, seguridade, manexo sinxelo e fabricadas con materiais resistentes e duradeiros.

A puntuación máxima por esta epígrafe será de 25 puntos desagregada do seguinte xeito para cada grupo de axudas:

Guindastres de mobilización persoal (5 ud/ano, como máximo): 0-5 puntos.

Camas articuladas (5 ud/ano, como máximo): 0-5 puntos.

Andadores (5 ud/ano, como máximo): 0-5 puntos.

Cadeiras de rodas (5 ud/ano, como máximo): 0-5 puntos.

Cadeiras de ducha-baño (5 ud/ano, como máximo): 0-5 puntos.

Obterán a máxima puntuación por cada tipo de axuda técnica as empresas que oferten o número máximo de unidades, tendo en conta que non se valorarán as unidades que superen o límite establecido, valoraranse con 0 puntos as empresas que non oferten axudas técnicas ou que oferten axudas distintas as establecidas.

Dado que para a valoración da oferta economicamente máis vantaxosa se establecen criterios exclusivamente matemáticos, non se valorarán outros servizos ou melloras distintos dos enumerados anteriormente e dentro destes valorarase do modo indicado en cada epígrafe sen ter en conta outras circunstancias. Non obstante e para o caso de ofertar outros servizos ou mellorar os indicados será obrigatorio para o contratista a súa realización a pesar de que non se valoren para os efectos de puntuación.

Todas as melloras que se formulen serán sen custo para o concello.

– Criterios avaliables mediante xuízos de valor.

Proxecto de prestación do servizo. Puntuación máxima 45 puntos.

Memoria de prestación: que deberá contemplar a organización, xestión, metodoloxía e fundamento do servizo.

8

Estudo para a prestación do SAF atendendo á realidade social do concello de San Cibrao das Viñas.

5

Recursos técnicos e materiais: asignados ao servizo.

3

Recursos humanos: persoal técnico complementario, non obrigatorio en cadro de persoal, para o apoio ao servizo.

3

Formación para a reciclaxe profesional: programas para favorecer a calidade do servizo e a reciclaxe profesional dos/das auxiliares de axuda no fogar no cadro de persoal.

3

Sistemas de xestión de calidade: sistema para garantir a calidade do servizo con indicación de mecanismo de control e avaliación de xestión. Valorarase positivamente o certificado de calidade ISO, así como a certificación na norma UNE «Servizos para a promoción da autonomía persoal. Xestión do servizo de axuda no fogar».

3

Estabilidade no emprego.

3

Integración de traballadores con discapacidade: valorarase que as empresas licitadoras teñan no seu cadro de persoal un número de traballadores con discapacidade superior ao 2 %.

2

Proposta de melloras: compromisos especiais ou melloras que o licitador presente sobre a base do servizo definitivo no presente prego e no prego de prescricións técnicas.

15

– Empates:

No caso de que aplicando os criterios de valoración, e unha vez finalizado o proceso de negociación, dúas ou máis empresas empaten na maior puntuación, terá preferencia na adxudicación aquela que teña no seu cadro de persoal maior número de traballadores discapacitados (nunca inferior ao 2 %), de acordo co establecido na disposición adicional 4ª do TRLCSP.

Os licitadores que pretendan contar para a adxudicación coa preferencia regulada nos parágrafos anteriores deberán achegar, ao tempo de presentar a súa proposición, a seguinte documentación:

1. Documento TC2 (relación nominal de traballadores) correspondente a todo o persoal da empresa.

2. Relación de traballadores fixos con discapacidade, acompañada da resolución ou certificación acreditativa do grao e vixencia da discapacidade.

3. Contrato de traballo dos traballadores fixos con discapacidade.

4. Valor estimado do contrato: 699.796,80 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Hora

Orzamento de licitación/hora

Tipo impositivo IVE

Importe

IVE

Orzamento de licitación (IVE incluído)

Ordinaria

dependencia

14,75 €

4 %

0,59 €

15,34 €

Extraordinaria dependencia (domingos, festivos e sábados)

15,75 €

4 %

0,63 €

16,38 €

Ordinaria

prestación básica

14,75 €

10 %

1,48 €

16,23 €

6. Garantía exixidas.

Definitiva (%): 5 % do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo, categoría): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional, se é o caso:

– Acreditación da solvencia económica e financeira de acordo co disposto no TRLCSP polos seguintes medios:

1. Declaración apropiada de entidade financeira indicando expresamente o contrato licitado e o seu importe (con data de expedición comprendida no prazo de presentación de ofertas).

2. Un seguro de indemnización por riscos profesionais ou de responsabilidade civil, vixente ata a data de presentación das ofertas, que deberá ser, polo menos, igual ou superior a 1.000.000,00 €.

A acreditación do seguro de indemnización por riscos profesionais ou de responsabilidade civil realizarase mediante un certificado expedido polo asegurador, en que consten os importes e os riscos asegurados especificamente para o contrato licitado e a data de vencemento do seguro, e mediante un documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, no caso en que proceda para garantir o mantemento da súa cobertura durante toda a execución do contrato, así como o recibo de pagamento.

3. Volume anual de negocios do licitador ou candidato, que referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos deberá ser, polo menos, de 700.000,00 euros.

O volume anual de negocios do licitador ou candidato acreditarase por medio das contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario está inscrito no devandito rexistro e, en caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados no Rexistro Mercantil.

– A solvencia técnico-profesional acreditarase polos dous medios seguintes:

1º. Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos cinco anos (de características similares ao obxecto do contrato) que inclúa importe, datas e destinatario, público ou privado deles. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

Para estes efectos, deberá acreditarse que a empresa executou, como mínimo, tres servizos análogos nos últimos 5 años. Entenderanse por servizos análogos os que teñan por importe unha cifra superior ao 50 % do valor estimado do contrato, é dicir, superior a 332.389,88 euros. Deberanse achegar certificados expedidos polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou cando o destinatario sexa unha entidade privada, preferentemente certificado expedido por esta, e de non ser posible mediante unha declaración responsable, para tal efecto do empresario licitador.

2º. Declaración sobre o cadro de persoal medio anual da empresa e a importancia do seu persoal directivo durante os tres últimos anos, acompañada da documentación xustificativa correspondente.

Para estes efectos, deberá acreditarse que a empresa dispón dun cadro de persoal medio anual non inferior a 25 traballadores, deberá achegar documentación que así o acredite documentalmente acompañado cunha declaración do empresario referida aos últimos 2 anos.

Deberanse achegar para estes efectos:

– Informes de vida laboral da empresa expedidos pola Seguridade Social.

– TC2 dos traballadores.

c) Outros requisitos específicos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais contados a partir do seguinte á publicación do último anuncio de licitación no BOP, DOG e perfil do contratante.

b) Modalidade de presentación: presencial.

c) Lugar de presentación.

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: praza da Constitución, 1.

3º. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas 32911.

4º. Enderezo electrónico: sancibrao.sedelectronica.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende convidar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variante, se procede: non procede.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata a adxudicación do contrato.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: casa do concello.

b) Dirección: praza da Constitución, 1.

c) Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas 32911.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: si.

San Cibraro das Viñas, 29 de novembro de 2017

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde