Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55499

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, cun único criterio de adxudicación, o prezo máis baixo, para a adxudicación do contrato da prestación do servizo público de abastecemento domiciliario de auga potable, rede de sumidoiros e depuración primaria (fosas sépticas), suxeito a regulación harmonizada.

De conformidade co acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 16 de novembro de 2017 por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, con un único criterio de adxudicación, ao prezo mais baixo, para a adxudicación do contrato da prestación do servizo público de abastecemento domiciliario de auga potable, rede de sumidoiros e depuración primaria (fosas sépticas), suxeito a regulación harmonizada, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de San Cibrao das Viñas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría.

2º. Domicilio: praza da Constitución, 1.

3º. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas 32911.

4º. Teléfono 988 38 10 34.

5º. Fax 988 38 11 01.

6º. Correo electrónico: info@sancibrao.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: sancibrao.sedelectronica.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 151/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo público de abastecemento domiciliario de auga potable, rede de sumidoiros e depuración primaria (fosas sépticas).

c) División por lotes e número de lotes/unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Domicilio: praza da Constitución, 1.

2º. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas 32911.

e) Prazo de execución/entrega: 4 anos.

f) Admisión de prórroga: si (2 años).

g) Establecemento dun acordo marco: non procede.

h) Sistema dinámico de adquisición: non procede.

i) CPV: 65100000-4, 90400000-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: único criterio de adxudicación, prezo máis baixo.

4. Valor estimado do contrato: 856.075,32 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 856.075,32 euros. IVE: 179.775,82 euros. Importe total: 1.035.851,14 euros.

6. Garantía exixidas:

Definitiva (%): 160.000,00 euros.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo, categoría): non procede.

b) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional, se é o caso:

– Xustificación da solvencia económico-financeira, mediante a acreditación do volume anual de negocios do licitador que, referido ao ano de maior volume de negocio dos últimos tres concluídos, deberá ser, polo menos, unha vez e media o valor estimado medio anual do contrato que se fixa na cantidade de 793.784,52 € (máis IVE). A acreditación levarase a cabo mediante as contas aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil –ou rexistro oficial correspondente– ou, no caso de empresarios individuais no inscrito no Rexistro Mercantil, mediante os libros inventarios e contas anuais legalizadas polo Rexistro Mercantil, conforme o disposto no artigo 11.4.a) do RGLCAP modificado polo Real decreto 773/2015.

– Acreditación da solvencia técnica ou profesional, mediante a presentación dunha relación dos principais servizos similares realizados nos últimos cinco anos, acompañada de certificados de boa execución para os máis importantes, sendo requisito indispensable que o importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior ao 70 % do valor estimado medio anual do contrato que se fixa na cantidade de 793.784,52 € (máis IVE). Todo iso conforme co disposto no artigo 11.4.b) do RGLCAP modificado por Real decreto 773/2015.

c) Outros requisitos específicos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 52 días naturais contados desde a data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europa.

b) Modalidade de presentación: presencial.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Concello de San Cibrao das Viñas.

2º. Domicilio: praza da Constitución, 1.

3º. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas 32911.

4º. Enderezo electrónico: sancibrao.sedelectronica.es

d) Número previsto de empresas ás que se pretende convidar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variante, se procede: non procede.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata a adxudicación do contrato.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: casa do concello.

b) Enderezo: praza da Constitución, 1.

c) Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas 32911.

d) Data e hora: o terceiro día seguinte hábil a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de publicidade: si, ata 2.500,00 €.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28.11.2017.

San Cibrao das Viñas, 29 de novembro de 2017

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde