Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55389

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 3690/2017 CG).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 3690/2017

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 492/2016 Xulgado do Social número 2 da Coruña

Recorrente: Federico Jiménez Tajuelo

Avogada: María Alvela Vázquez

Recorridos: Fogasa, A&V Cambre Construcciones, S.L.

Avogado/a: letrado do Fogasa

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento do recurso suplicación 3690/2017, seguido por instancia de Federico Jiménez Tajuelo contra A&V Cambre Construcciones, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento disciplinario, foi ditada a resolución que copiada nos particulares necesarios di:

«Decidimos que, estimando o recurso de suplicación interposto por Federico Jiménez Tajuelo, contra a sentenza do xulgado do social número 2 da Coruña en xuízo instado polo recorrente contra a empresa A&V Cambre Construcciones, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, a Sala rexeita a existencia de caducidade da acción, anula a sentenza de instancia repondo as actuacións ao momento en que se ditaron para que o xuíz de instancia dite nova sentenza resolvendo o fondo do asunto con total liberdade de criterio e acudindo aos medios de proba que ache oportunos.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que sirva de notificación en legal forma a A&V Cambre Construcciones, S.L. cuxo último domicilio coñecido era Rúa A Pena-Cabreira, Cesuras, e actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG, e advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza