Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2017 Páx. 54896

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 757/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento seguridade social 757/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Susana Antelo Pérez contra Zara España, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Público de Emprego Estatal, Confecciones Busto Lope, S.L., Hampton, S.A., Inditex, S.A., SPEE, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2017

Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 757/2015 e acumulados, seguidos por instancia de Susana Antelo Pérez, asistida pola graduada social Sra. Mallo Nieves, contra o Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE) asistido e representado polo letrado Sr. Amado Domínguez; Hampton, S.A,, Inditex, S.A., Zara España, S.A., asistidos polo letrado Sr. Romero Sánchez; Confecciones Busto Lope, S.L. e TXSS, que non comparecen, malia a súa citación en debida forma, con base nos seguintes

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Susana Antelo Pérez fronte ao SPEE, Confecciones Busto Lope, S.L., Hampton, S.A., TXSS e, en consecuencia, declárase que a prestación contributiva de desemprego recoñecida á demandante pola Resolución do SPEE do 17 de xuño de 2015 debe verificarse cunha base reguladora de 34,96 euros, con condena do SPEE ao pagamento da prestación recoñecida coa dita base, aplicable a sucesivos restablecementos, mentres non concorra circunstancia legal modificativa daquela, sen prexuízo da Resolución do 8 de maio de 2017, e sen prexuízo das accións que a entidade xestora poida adoptar contra a empresa Confecciones Busto Lope, S.L. e a súa responsabilidade nas prestacións aboadas e a eventual extensión de tal responsabilidade a Hampton, S.A.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta a nome desta oficina xudicial, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Busto Lope, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza