Con data do 31 de outubro de 2017, o director xeral da Función Pública, en uso da competencia delegada polo conselleiro de Facenda en virtude da Orde do 8 de xullo de 2013 (DOG núm. 136, do 18 de xullo), no seu artigo 3.e), ditou resolución pola cal se denega a solicitude de compatibilidade presentada por Marcos Corbacho Paz.
Logo de tentar, dúas veces, a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar, e foron devoltas polo dito servizo por «descoñecido/a», no primeiro intento, e por «ausente en repartición» e «enderezo incorrecto», no segundo.
Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude deste anuncio, notifícalle a Marcos Corbacho Paz a resolución antes referida.
O interesado pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer o interesado recurso de reposición, ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que teña o seu enderezo ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza.
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2017
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública