Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2017 Páx. 54670

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (396/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 396/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Ángel Piñeiro Golán, Ricardo Eugenio Bermúdez Reino, Ángel Sanandrés Pensado, Rebeca Rodríguez Patiño, José Antonio Lema Santos contra Protección y Seguridad del Noroeste, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza nº 607/17.

A Coruña, 6 de novembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario 396/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de Daniel Ángel Piñeiro Golán, Ricardo Eugenio Bermúdez Reino, Ángel Sanadrés Pensado, Rebeca Rodríguez Patiño, José Antonio Lema Santos, asistidos da letrada Eva Acuña Vecino, contra Protección y Seguridad del Noroeste, S.L., e Fogasa que non comparecen, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Daniel Ángel Piñeiro Golán, Ricardo Eugenio Bermúdez Reino, Ángel Sanadrés Pensado, Rebeca Rodríguez Patiño, José Antonio Lema Santos e condeno á empresa Protección y Seguridad del Noroeste, S.L., a que aboe as seguintes cantidades que percibirán o 10 % de xuros moratorios aplicado sobre os conceptos salariais:

– Daniel Ángel Piñeiro Golán: 2.200,97.

– Ricardo Eugenio Bermúdez Reino: 304,01.

– Ángel Sanadrés Pensado: 304,01.

– Rebeca Rodríguez Patiño: 281,72.

– José Antonio Lema Santos: 304,01.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Protección y Seguridad del Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza