Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2017 Páx. 54672

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (600/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 600/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Herzón Olmos Espinoza contra Lomesan, Obras, Servicios y Reformas, S.L.U. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación cantidade nº 600/2015

Demandante: Herzón Olmos Espinoza

Letrada: Sra. Rey García

Demandado: Lomesan Obras, Servicios y Reformas, S.L.U.

Letrado:

Fogasa

Letrada:

Sentenza 591/2017.

A Coruña, 2 de novembro de 2017.

Decido.

Estimo a demanda formulada por Herzón Olmos Espinoza fronte a Lomesan, Obras, Servicios y Reformas, S.L.U. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 2.188,32 euros en concepto de débeda salarial, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución e a súa responsabilidade será dentro dos límites legais que procedan.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lomesan, Obras, Servicios y Reformas, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza