Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2017 Páx. 54759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2017 pola que se rectifica erro na Resolución do 30 de outubro de 2017 pola que se anuncia a licitación do contrato de servizo, por procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, do servizo consistente na vixilancia e seguridade das dependencias deste instituto en Santiago de Compostela e Pontevedra (expediente IGVS03-17).

1. O 20 de novembro de 2017 publicouse no DOG núm. 220 a Resolución do 30 de outubro de 2017 pola que se anuncia a licitación do contrato de servizo, por procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, do servizo consistente na vixilancia e seguridade das dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) en Santiago de Compostela e Pontevedra (expediente IGVS03-17), atopándose neste momento o procedemento de adxudicación dentro do prazo de presentación de ofertas, vixente ata o día 11 de decembro de 2017.

2. No citado anuncio advertiuse da ausencia da data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea, data a partir da cal comeza a contar o prazo para a recepción das ofertas e solicitudes de participación.

No punto 11, onde di:

11. Data de envío deste anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea.

Debe dicir:

11. Data de envío deste anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea.

30 de outubro de 2017.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2017

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo