Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2017 Páx. 54757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 20 de novembro de 2017 polo que se notifican aos interesados resolucións de adxudicación e requirimentos de documentación relativos ao procedemento de cesión de predios con vocación agraria.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións de adxudicación e os requirimentos de documentación relativos ao procedemento de cesión de predios con vocación agraria.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O interesado poderá coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias da Agader (Lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2017

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: 20071500505.

Interesado: Francisco Javier Sánchez Naya.

Acto que se notifica: requirimento de documentación.

Último domicilio coñecido: Paseo de Ronda, 15, 4-1, 15010 A Coruña.

Expedientes: 20131500061, 20131500063.

Interesado: Aquilino Fernández Parafita.

Acto que se notifica: resolución de adxudicación de cesión temporal de predio.

Último domicilio coñecido: Paraños, 25, A Vila de Abade, 15683, Tordoia (A Coruña).

Expedientes: 20073200007, 20083200646, 20083200657.

Interesado: José Carlos Carrión Márquez.

Acto que se notifica: requirimento de documentación.

Último domicilio coñecido: Alejandro Pedrosa, 77, 1º A, 32001 Ourense.

Expediente: 20083200655.

Interesado: José Carlos Carrión Márquez.

Acto que se notifica: resolución de adxudicación de cesión temporal de predio.

Último domicilio coñecido: Alejandro Pedrosa, 77, 1º A, 32001 Ourense.