De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e ao non ser posible realizala, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia da adxudicación de vivenda de promoción pública.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 9 de novembro de 2017
Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense
ANEXO
Acto obxecto de notificación: adxudicación de vivenda de promoción pública.
Expediente |
Persoa interesada |
DNI/NIE/NIF |
OU2006010:4 |
Segundo Fernández Lamela |
...769W |