Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2017 Páx. 53828

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de novembro de 2017 pola que se emprazan os interesados no procedemento abreviado 225/2017 no expediente de reposición da legalidade IU1/12/2013-B1R1, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo, en relación co procedemento abreviado número 225/2017, interposto por María Ángeles Vázquez Valcárcel contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 2 de marzo de 2017 no recurso potestativo de reposición, interposto contra outra do 25 de febreiro de 2016, no expediente IU1/12/2013-B1R1, na cal se impón unha segunda multa coercitiva como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 23 de maio de 2012 e 16 de xaneiro de 2014, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante esta cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), se notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Ángel Romero Rodríguez García para que se poida presentar como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística