Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2017 Páx. 53829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de novembro de 2017 de notificación de período de proba no expediente PON/452/2016-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o período de proba ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/452/2016-RP1, a María del Mar Carrera Costas, en relación coas obras consistentes nunha vivenda prefabricada de planta baixa sobre soleira de formigón no lugar do Carballal, 115, Cabral, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado está á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

De conformidade co disposto nos artigos 77 e 78 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, acórdase:

1. Ordenar de oficio a práctica da seguinte proba documental:

a) Ter por incorporada a documentación achegada.

b) Requirir a interesada para que achegue certificado final de obra visado polo colexio oficial correspondente ou, na súa falta, documentos, xustificantes, fotografías ou outros elementos que permitan acreditar, de modo fidedigno, a data de finalización das obras de construción da vivenda unifamiliar denunciada.

2. Abrir un período de proba por prazo de vinte (20) días hábiles para a práctica da proba sinalada no punto anterior.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística