Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2017 Páx. 53831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 3 de novembro de 2017, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude, presentada por Unión Fenosa Distribución, S.A., de concesión administrativa de ocupación dunha parcela de dominio público portuario para instalación de liña de baixa tensión e centro de trasformación no porto de Arcade (expediente 13-24-17-C1).

Fernando Val López, en nome e representación da entidade Unión Fenosa Distribución, S.A., solicita a concesión administrativa para a ocupación dunha parcela do dominio público portuario con destino á instalación de liña de baixa tensión e centro de trasformación no porto de Arcade, segundo o proxecto de recuamento da RBT da rúa do Peirao (Soutomaior), redactado polo enxeñeiro industrial Miguel Ángel Bernal López en marzo de 2017.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), e para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 3 de novembro de 2017

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia