Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2017 Páx. 53770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Padrenda (expediente IN407A 2017/19-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: San Miguel 2000 Distribución Eléctrica, S.L.U.

Domicilio social: r/ Coruña, nº 20 baixo, 36700 Tui (Pontevedra).

Denominación: CD San Roque

Situación: Padrenda.

Características técnicas:

Liña de media tensión:

– LMT aero-subterránea, a 20 kV de 90 m en aéreo, con condutor RHVS-12/20 kV 3×(1×95 mm2), con orixe e remate nos apoios existentes; e 80 m en subterráneo con condutor RHZ1-12/20 kV 3×95 mm2, con orixe no PAS existente e remate no CD San Roque proxectado.

CD San Roque:

– Instalación de 3 celas en SF6 motorizadas telecontroladas con función entrada-saída de enerxía, instalación dunha cela de liña en SF6 con función saída de enerxía.

Reforma CT existente:

– Instalación cela de liña en SF6 con función entrada de enerxía.

– Instalación cela de protección con función protección transformador existente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización previa e a autorización administrativa de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 18 de outubro de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense