Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53565

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 6 de novembro de 2017 pola que se extingue a autorización do centro privado París, do concello de Pontevedra.

Mediante a Orde do 26 de novembro de 1999 (DOG do 21 de decembro) autorízase o centro privado (CPR) París, de Pontevedra, para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Perrucaría e o CM Estética Persoal Decorativa (LOXSE). Estes ciclos formativos transfórmanse nos ciclos medios (LOE) Peiteado e Cosmética Capilar e Estética e Beleza, respectivamente.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incoa o expediente de extinción da autorización do centro privado París, de conformidade co previsto no ordinal oitavo da Orde do 20 de setembro de 1995 en relación co artigo 16 e seguintes do Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Polo que antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Revogar a autorización do centro docente privado cuxos datos se detallan a seguir:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: París.

Código do centro: 3616747.

Domicilio: rúa Castelao, 7 entresollado.

Concello: Pontevedra.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Instituto París, S.L.

Ensinanzas que se extinguen: todas as autorizadas (CM Peiteado e Cosmética Capilar, CM Estética e Beleza).

Segundo. A extinción da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria