O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados.
Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,
RESOLVO:
Artigo único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no segundo cuadrimestre do exercicio 2017, que se anexa a esta resolución.
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2017
Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
ANEXO
Convenio |
Data de sinatura |
Importe (€) |
|
2017 |
2018 |
||
2ª addenda ao convenio de colaboración entre a Fundación EOI e o Instituto Galego de Promoción Económica, para a realización de accións de formación e titorización no marco de espazos de coworking |
5.5.2017 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Asociación para el Progreso de la Dirección, a Asociación Círculo de Empresarios de Galicia, o Club Financiero Atlántico, o Club Financiero de Santiago de Compostela e o Instituto Galego de Promoción Económica, para a mellora das competencias directivas |
6.6.2017 |
146.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Axencia Galega das Industrias Culturais, para cofinanciar o evento Conecta Fiction |
8.6.2017 |
80.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Universidade de Santiago de Compostela e a Federación Galega de Xoves Empresarios, para o desenvolvemento do Global Entrepreneurship Monitor (Proxecto GEM) en España a nivel rexional |
19.6.2017 |
28.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Fundación EOI e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), para o desenvolvemento da estratexia Industria Conectada 4.0 |
4.7.2017 |
103.950,00 |
|
Convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000,00 euros, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (liña pequenas empresas) |
14.7.2017 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000,00 euros, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (liña microempresas) |
14.7.2017 |
25.000,00 |
75.000,00 |
Protocolo de actuación entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Instituto de Crédito Oficial (ICO), para apoiar os investimentos das empresas galegas |
20.7.2017 |
Sen achega económica |
|
Addenda ao convenio de colaboración, asinado o 20 de maio de 2013, entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Caixa Emprendedor XXI (grupo La Caixa), para a organización do Premio Emprendedor XXI |
21.7.2017 |
Sen achega económica |