Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2017 Páx. 53436

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (398/2017).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3, en substitución do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 398/2017 por instancia de Adalberto Medrano Beltre contra a empresa Cafeína, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza en data 23 de outubro de 2017, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Adalberto Medrano Beltre fronte á empresa Cafeína, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Cafeína, S.A. ao traballador.

– Condénase a empresa Cafeína, S.A. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 1.817,20 euros. O aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; en caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 41,30 euros diarios.

– Condénase a empresa Cafeína, S.A. a aboarlle a Adalberto Medrano Beltre a cantidade de cinco mil novecentos oitenta e sete euros con sesenta e nove céntimos de euro (5.987,69 euros).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Cafeína, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 31 de outubro de 2017

O secretario xudicial