Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2017 Páx. 53438

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de citación (PO 207/2017).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento número PO 207/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Félix Díaz Díaz contra Castrobarredo, S.L., Pablo Barja Veiga e Líneanorte Multiservicios, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi expedida a seguinte cédula de citación:

«Cédula de citación

Tribunal que ordena citar:

Xulgado do Social número 1.

Asunto en que se acorda:

Procedemento ordinario 207/2017.

Persoa que se cita:

Castrobarredo, S.L., Líneanorte Multiservicios, S.L., Pablo Barja Veiga, como parte/s demandada/s.

Obxecto da citación:

Asistir nesa condición ao/os acto/s de conciliación e, se for o caso, xuízo, concorrendo a tales actos coas probas de que se tenten valer e tamén, se a parte contraria o pide, e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que deben comparecer:

Deben comparecer o día 10.7.2019 ás 11.15 horas, na planta 4 -sala 9- Edif. Xulgados, ao acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, en caso de non se chegar a avinza, o día 10.7.2019 ás 11.15 horas na planta 4 -sala 9- Edif. Xulgados, ao acto de xuízo.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, o cal continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación -procurador ou graduado social para a súa representación-, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que se tente valer (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de non se admitir a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tiver intervido nos feitos, deberá levar ao xuízo persoa que os coñeza directamente. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán, así mesmo, solicitar, polo menos con cinco días de anticipelación á data do xuízo, aquelas probas que, tendo de se practicar neste, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 da LXS).

4º. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas:

O seu interrogatorio como representante legal da demandada.

Para tal efecto indícaselle que, se non comparecer, poderanse ter por certos os feitos da demanda en que tiver intervido persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 da LXS).

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5 parágrafo 1º da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandado, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que é convocado (artigo 183 da LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar pola data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puideren estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión, salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder quince días.

Lugo, 14 de marzo de 2017.

O letrado da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que sirva de citación á empresa Líneanorte Multiservicios, S.L., expídese o presente.

Lugo, 31 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza