Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2017 Páx. 53432

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (243/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 243/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Pérez Fernández contra a empresa Gallega de Representaciones, Servicios y Asesoría, S.L. Garesa e Fogasa, sobre ordinario, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decido:

Que, estimando a demanda interposta pola demandante María Isabel Pérez Fernández debo condenar e condeno a empresa Gallega de Representaciones, Servicios y Asesoría, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 6.029,45 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e que se debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar comprobante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gallega de Representaciones, Servicios y Asesoría, S.L. Garesa, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de outubro de 2017

A letrada da Administración xustiza