Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2017 Páx. 53430

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (753/2016).

Eu, Luis Diego Espino Hernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, fago saber que no procedemento ordinario 753/2016-T se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 17 de xullo de 2017.

Ana Araceli Muñoz Martín, maxistrada xuíza de Primeira Instancia número 10 de Vigo e o seu partido, despois de ver os presentes autos de procedemento ordinario 753/2016-T, seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante a Comunidade de Propietarios Bloque 1 de Areíña/Lourido, con CIF H36714103, representada pola procuradora María Tamara Ucha Groba e asistida do letrado Mikel Zubigaray Ramos, e doutra como demandada Los Paradantinos, S.L., con CIF B27707736, declarada en situación procesual de rebeldía, ditou a seguinte sentenza.

Decisión.

Estimando integramente a demanda interposta pola Comunidade de Propietarios Bloque 1 de Areíña/Lourido fronte a Los Paradantinos, S.L., debo declarar e declaro a obriga da demandada a permitir o acceso á terraza comunitaria anexa á vivenda 4º B da súa propiedade sita na comunidade demandante, cuxo uso e desfrute pertence á vivenda 4º B, co persoal e material que fose necesario para verificar o estado da terraza, como permitir a realización dos traballos que fosen precisos para evitar as filtracións que, debido ao seu estado, se poden estar a producir cara ás vivendas inferiores, todo iso durante o tempo que dure a obra, con imposición de custas á parte demandada.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interporá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación a Los Paradantinos, S.L., actualmente en ignorado paradoiro.

Vigo, 28 de setembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza