Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2017 Páx. 52821

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (261/2015).

PO procedimiento ordinario 261/2015

Demandante: Manuel Tomé González

Avogada: María José Liste López

Demandados: Fogasa Fogasa, Limpiezas Secope, S.A.

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 261/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Tomé González contra Limpiezas Secope, S.A., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Fallo:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Manuel Tomé González, asistida pola letrada Sra. Liste López, contra a entidade Limpiezas Secope, S.A., e Fogasa que non comparecen malia estar debidamente citadas, sobre reclamación de cantidade e, en consecuencia, debo condenar a demandada ao aboamento ao demandante da cantidade de 3.821,94 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre a devandita cantidade, percibidos desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata esta resolución e os do artigo 576 da LEC a partir desta resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes esta resolución.

Modo de impugnación: advírtese as partes de que contra esta resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596 clave 65, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 social suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza