ETX execución de títulos xudiciais 149/2017
Procedemento de orixe: procedemento ordinario 689/2015
Sobre ordinario
Demandante: Manuel Eugenio Becerra Expósito
Avogada: Ángeles Cancela Regueira
Demandados: Inkjet 10, S.L., Alonso Madroño Fernández e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)
Declaración de insolvencia.
Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 149/2017, por instancia de Manuel Eugenio Becerra Expósito, contra a executada Inkjet 10, S.L., Alonso Madroño Fernández, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 26 de outubro de 2017 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado, en situación de insolvencia total, por importe de 1.500 euros de principal, máis 295,06 euros en concepto de xuros de mora, máis 179,50 euros que provisionalmente se presupostan para xuros, gastos e custas, fronte a Inkjet 10, S.L., e Alonso Madroño Fernández, solidariamente, e por importe de 1.888,52 euros en concepto de principal, máis 371,49 euros en concepto de xuros de mora, máis 226 euros que provisionalmente se presupostan para xuros, gastos e custas, fronte a Alonso Madroño Fernández, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017
A letrada da Administración de xustiza