Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2017 Páx. 52824

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (149/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 149/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Eugenio Becerra Expósito, contra a empresa Inkjet 10, S.L., e Alonso Madroño Fernández, sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto en data do 26 de outubro de 2107, cuxa parte dispositiva, é do tenor literal seguinte:

«Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar os executados Inkjet 10, S.L., Alonso Madroño Fernández en situación de insolvencia total por importe de 1.500 euros de principal, máis 295,06 euros en concepto de xuros de mora, máis 179,50 euros que provisionalmente se presupostan para xuros, gastos e custas, fronte a Inkjet 10, S.L., e Alonso Madroño Fernández, solidariamente; e por importe de 1.888,52 euros en concepto de principal, máis 371,49 euros en concepto de xuros de mora, máis 226 euros que provisionalmente se presupostan para xuros, gastos e custas, fronte a Alonso Madroño Fernández, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente, respecto a Inkjet 10, S.L., e á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, respecto a Alonso Madroño Fernández.

d) Lévese o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partes e a Inkjet 10, S.L., e Alonso Madroño Fernández, por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado do social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0149 17. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0149 17. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Inkjet 10, S.L. e Alonso Madroño Fernández, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza