Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 77/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro Folgueira Expósito contra o Instituto Español de Formación Laboral e Profesional, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:
Sentenza
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2017
Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 77/2016, en que son parte, como demandante, Álvaro Folgueira Expósito, asistido polo letrado Sr. Martínez Santos e, como demandados, o Instituto Español de Formación Laboral y Profesional, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome da súa maxestade o rei, con base nos seguintes
Resolución
Estímase a demanda interposta por Álvaro Folgueira Expósito fronte ao Instituto Español de Formación Laboral e Profesional, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 2.455,55 euros, máis o 10 % de xuro por demora. Notifíquese a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.
Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela
E para que sirva de notificación en legal forma ao Instituto Español de Formación Laboral y Profesional, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017
A letrada da Administración de xustiza