Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2017 Páx. 52820

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (295/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 295/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Blanco Vidal contra a empresa Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva

Acordo:

– Ter por desistida a María Carmen Blanco Vidal da súa demanda fronte a Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza