Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2017 Páx. 52818

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 11/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 11/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Luciano Calvo Blanco contra Auxini, S.A., Mutua de Seguros e Reaseguros a Prima Fija Musini, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) sobre seguridade social, foi ditada sentenza co número 475/2017 no 24 de outubro de 2017 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 11/2014 sobre Seguridade Social, seguidos por instancia de Manuel Luciano Calvo Blanco, asistido polo letrado Sr. López Núñez; contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, asistidos e representados pola letrada Sra. Pardo Costas, contra Auxini, S.A., que non compareceu no xuízo oral; e contra a Mutua de Seguros e Reaseguros a Prima Fija (Musini), que non compareceu no xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución Española, ditou esta sentenza con base nos seguintes [...]»,

«Que, desestimando a demanda interposta por Manuel Luciano Calvo Blanco, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Auxini, S.A. e Mutua de Seguros e Reaseguros a Prima Fija (Musini), debo absolver e absolvo os demandados das peticións deducidas en contra deles.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación (art. 191.3.c) da LRXS).

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Auxini, S.A. e á Mutua de Seguros e Reaseguros a Prima Fija Musini, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza