Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2017 Páx. 52807

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (2686/2017).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 2686/2017. BC

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 470/2016 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fernando Filgueira Pérez

Avogado: Xavier Castro Martínez

Recorrido: Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U.

Eu, M. Asunción Barrio Rúa, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 2686/2017 desta sección, seguido por instancia de Fernando Filgueira Pérez contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos:

Que considerando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da parte demandante contra a sentenza de data do 27 de decembro de 2016, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Santiago, en proceso promovido por Fernando Filgueira Pérez, fronte á empresa Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., debemos revogar e revogamos en parte a sentenza e fixando un salario regulador na cantidade de 1.593,99 euros elevamos o importe da indemnización á cantidade de 3.736,73 euros, outorgando de novo a opción á empresa entre a readmisión do traballador e a extinción do contrato con aboamento da referida indemnización e, todo iso, no prazo de cinco días a partir da notificación desta sentenza, e mantendo no resto os pronunciamentos da sentenza de instancia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza