Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2017 Páx. 52809

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes

EDICTO (324/2016).

Patricia Cacheda Varela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes, polo presente anuncio:

No presente procedemento de garda, custodia e alimentos seguido por instancia de Jainaba Jassey fronte a Nguda Touray ditouse sentenza, cuxa resolución é a seguinte:

Decido que, estimando integramente a demanda presentada pola representación de Janaiba Jassey contra Nguda Touray, debo establecer e establezo como medidas reguladoras das relacións paterno-filiais as seguintes:

– Atribúese a Janaiba Jassey o exercicio exclusivo da patria potestade sobre as menores.

– Atribúese a garda e custodia das menores á súa nai, Janaiba Jassey

– Non procede a fixación dun réxime de visitas do pai, Nguda Touray, respecto das súas fillas.

– Nguda Touray aboará, en concepto de pensión de alimentos para cada unha das súas tres fillas a cantidade de cento cincuenta euros mensuais (150 €+150 €+150 €). A devandita pensión alimenticia será pagadoira por mensualidades anticipadas, dentro dos cinco primeiros días de cada mes, na conta que designe a nai para o efecto, e será revisable á alza, anualmente, con efectos a 1 de xaneiro de cada ano, en función do IPC ou equivalente, a partir de 2019. Igualmente, deberá aboar a metade dos gastos extraordinarios das menores.

Non se fai expresa imposición de custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Firme que sexa esta sentenza, se é o caso, procédase á súa inscrición no rexistro civil correspondente.

Contra esta sentenza poderá prepararse, por escrito, ante este xulgado, recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, dentro do prazo dos vinte días seguintes á notificación desta resolución.

Os recursos que, conforme a lei, se interpoñan contra a sentenza non suspenderán a eficacia das medidas acordadas. Se a impugnación afecta unicamente os pronunciamentos sobre as medidas, declararase a firmeza do pronunciamento sobre o divorcio.

Todo o que pretenda interpoñer recurso contra sentenzas ou autos que poñan fin ao proceso ou impidan a súa continuación consignará como depósito 50 euros, se se trata de recurso de apelación.

A admisión do recurso precisará que, ao prepararse este se consignase na oportuna entidade de crédito e na conta de depósitos e consignacións aberta a nome do xulgado ou do tribunal a cantidade obxecto de depósito, o que deberá ser acreditado.

Non se admitirá a trámite ningún recurso cuxo depósito non estea constituído.

Se se estimar total ou parcialmente o recurso, na mesma resolución dispoñerase a devolución da totalidade do depósito.

Cando o órgano xurisdicional inadmita o recurso ou confirme a resolución impuganda, o recorrente perderá o depósito, ao que se dará o destino previsto nesta disposición.

Expídade testemuño da presente sentenza para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino.

E encontrándose o devandito demandado, Nguda Touray, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ordes, 18 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza