Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2017 Páx. 52735

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial das Catedrais.

Aprobado inicialmente o Plan especial de protección das Catedrais que afecta a delimitación da praia das Catedrais declarada monumento natural pola Xunta de Galicia, por Resolución da Alcaldía do 8 de novembro de 2017, de conformidade co artigo 75.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais (Oficina Técnica) para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas de obra no ámbito de delimitación cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan.

A suspensión será en todas as zonas afectadas por sistemas xerais ou locais de vías, infraestruturas, equipamentos ou espazos libres, en calquera clase de solo.

No ámbito delimitado polo Plan especial entenderanse suspendidas as licenzas urbanísticas que resulten incompatibles co réxime xurídico derivado das determinacións da ordenación proposta.

Os actos xenéricos para os que se suspende o outorgamento de licenzas, cando non se especifique exactamente son os de parcelamento de terreos, edificación, demolición e movementos de terras.

En canto dure a suspensión de licenzas, poderán autorizarse usos e obras provisionais nos termos do artigo 89 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e artigo 204 do Regulamento.

Ribadeo, 8 de novembro de 2017

Fernando Suárez Barcia
Alcalde