Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2017 Páx. 52733

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de suspensión cautelar de licenzas de parcelación e edificación no ámbito territorial do denominado URPI-58 do Plan xeral de ordenación municipal vixente.

En cumprimento do establecido nos artigos 47.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 86.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento, faise público o acordo adoptado polo Concello Pleno, do 26.10.2017, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Primeiro. Proceder á formulación dun proxecto de modificación puntual do PXOM aprobado definitivamente de forma parcial pola Orde do 29.4.2011, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en execución da Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) nº 100/2017, do 2.3.2017, ditada no recurso contencioso-administrativo nº 4263/2012, interposto pola Asociación Cultural do Parque Rosalía de Castro e o seu contorno, para establecer as determinacións urbanísticas do ámbito territorial do denominado URPI-58.

A parte do ditame desta sentenza, que agora se está a executar, literalmente declarou: «2. Anular en parte a dita Orde do 29 de abril de 2011 o dito PXOM no exclusivo aspecto relativo á ordenación urbanística da unidade de actuación CS-5 (hoxe URPI-58) que é contraria a dereito».

Segundo. Acordar, en virtude do establecido nos artigos 47.1 da LSG e 86.1 do RLSG, a suspensión cautelar de licenzas de parcelación e edificación no devandito ámbito territorial do denominado URPI-58, delimitado nas follas 7.36 e 7.40 do tomo V.2. «Ordenación e Xestión do Solo Urbano. Planos» do PXOM (páxina web do Concello de Lugo http://lugo.gal), para garantir o estudo do devandito proxecto de modificación puntual do PXOM, coa publicación deste acordo de suspensión no Diario Oficial de Galicia (DOG) e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

A suspensión será efectiva a partir da súa publicación e terá a duración máxima dun ano, sen prexuízo da suspensión automática que poida resultar con anterioridade, no seu caso, do acordo de aprobación inicial da modificación puntual do PXOM.

Signifícase que a suspensión non impedirá a autorización daquelas intervencións necesarias para garantir o cumprimento dos deberes sinalados no artigo 135 da LSG (artigo 86.3.a) do RLSG), nin a autorización de usos e obras provisionais nos termos do artigo 89 da LSG e 204 do RLSG.

Contra este acordo de suspensión de licenzas poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo) nun prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente acordo.

Terceiro. Notificar este acordo á CMAOT e ao TSXG para o seu coñecemento e oportunos efectos.

Lugo, 9 de novembro de 2017

A alcaldesa
P.D. (Decreto número 16008543)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal