Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2017 Páx. 52736

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación para a contratación do servizo de redacción da modificación puntual número 8 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación do servizo da redacción da modificación puntual nº 8 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación do servizo da redacción da modificación puntual nº 8 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo.

2. Duración do contrato: o traballo efectuarase nas fases previstas na cláusula primeira do prego administrativo cos prazos e condicionantes que nela se indican. O prazo total máximo total de execución do contrato será de 260 días hábiles.

3. Tipo da licitación, prezo do contrato e valor estimado do contrato: sinálase como tipo da licitación a cantidade de 121.000,00 €, incluído o IVE, que corresponde ao importe da totalidade da prestación do servizo e que non poderá superarse na oferta económica do licitador. O prezo do contrato será a cantidade, co IVE incluído, que figurará no sobre C da proposición do contratista. O valor estimado do contrato, que non inclúe o IVE, é de 100.000,00 €.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con múltiples criterios de valoración).

5. Prazo e lugar de presentación: o prazo de presentación de proposicións será de 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no BOP de Pontevedra, DOG e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello de Sanxenxo www.sanxenxo.es. Faise constar que, se o prazo remata en día inhábil, se ampliará ao día seguinte hábil. As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

6. Criterios de adxudicación: serán os sinalados na cláusula 7ª dos pregos respectivos:

a) Planeamento xeral ou modificacións deste aprobadas: ata un máximo de 36 puntos.

b) Oferta económica: ata un máximo de 28 puntos.

c) Dedicación do equipo redactor: outorgaranse 10 puntos.

d) Mellora na composición do equipo redactor: ata un máximo de 12 puntos.

e) Redución de prazos de execución do contrato: ata un máximo de 14 puntos.

7. Mesa de contratación: constituirase de acordo co sinalado no prego administrativo.

8. Clasificación: non se exixe. Solvencias:

a) Solvencia económica e financeira: volume anual de negocios do licitador, referido ao ano de maior volume dentro dos 3 últimos exercicios concluídos, por un importe igual ou superior a 181.500,00 €. Acreditarase por medio das contas anuais do licitador aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estiver inscrito no dito rexistro e, no caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil. Non será necesario acreditar esta solvencia se o licitador está inscrito no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado ou no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase mediante:

i. Relación que incluirá o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, dos principais servizos realizados nos últimos 5 anos polo licitador de igual ou similar natureza aos que constitúen o obxecto do contrato, tomando como criterio de correspondencia entre os servizos prestados polo licitador e as que constitúen o obxecto do contrato, a igualdade entre os dous primeiros díxitos do CPV 71240000-2 (71), durante o ano de maior execución do período citado, acreditando o licitador como executado durante o ano de maior execución do período citado, un importe igual ou superior ao 70 % do valor estimado do contrato (70.000,00 €). Os servizos acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

ii. Composición mínima do equipo redactor conforme o sinalado na cláusula 4ª do PPT, coa denominación de «composición mínima do equipo». Acreditarase mediante o nome e apelidos dos especialistas ou a denominación da empresa especializada, co nome e apelidos do técnico que traballará para ela, o título acreditativo da especialidade de cada especialista e o/os informe/s do/dos equipo/s redactor/es correspondente/s en que conste a participación dos especialistas ou da empresa especializada durante dez anos na elaboración do planeamento urbanístico, coa enumeración do planeamento, modificación ou revisión aprobado definitivamente e a copia do boletín oficial onde se publicou a aprobación definitiva de que se trate.

9. Garantía definitiva: do 5 % do importe da adxudicación, excluído o IVE.

10. Entidade e información: Concello de Sanxenxo - Sección de Contratación. Tel.: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través do perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello, www.sanxenxo.es.

Sanxenxo, 10 de novembro de 2017

Telmo Martín González
Alcalde