Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52501

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo

EDICTO (389/2016).

Margarita Caloto Goyanes, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario número 389/2016, seguido por instancia de Eduardo Vaqueiro Mariño e Mª Elena Souto Estévez, representados pola procuradora Sra. Barreiro Viñas, fronte á entidade BBVA, S.A. e Great Time, S.L., ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo

Sentenza 109/2017

Procedemento: xuízo ordinario 389/2016

Obxecto: nulidade contractual

Maxistrada: María de la Luz Álvarez Lagarón

Demandantes: Eduardo Vaqueiro Mariño e María Elena Souto Estévez

Procuradora: Raquel Barreiro Viñas

Letrada: Belén Alfaya Rosales

Demandada: Great Time, S.L.

Procurador/a: sen profesional designado

Letrado/a: sen profesional designado

Demandado: Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.

Procurador: Luis Valdés Albillo

Letrado: Jorge Sánchez Velo

En Vigo o 24 de maio de 2017.

Resolución

Estimo integramente a demanda deducida por Eduardo Vaqueiro Mariño e María Elena Souto Estévez contra Great Time, S.L. e Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. e, en consecuencia:

– Declaro nulo o contrato de aproveitamento por quendas de bens inmobles concertado entre os demandantes e Great Time, S.L. en 30.4.2000.

– Declaro nulo o contrato de préstamo concertado entre os demandantes e Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. en 11.5.2000.

– Condeno solidariamente os demandados a aboar á parte demandante a cantidade de 15.669,41 euros máis os xuros legais devindicados desde a interposición da demanda, así como ao pagamento das custas.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Great Time, S.L., expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 6 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza