Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52524

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 50/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 50/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Francisco Asorey Devesa contra Neiracarton, S.A. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e fallo son do tenor literal seguinte:

Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento número 50/2017

Demandante: Juan Francisco Asorey Devesa

Letrada: Sra. Gómez Lozano.

Demandado: Neiracarton, S.A., Fogasa

Sentenza número 523/2017

A Coruña, 10 de outubro de 2017

Resolución

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Juan Francisco Asorey Devesa fronte á empresa Neiracarton, S.A. e, en consecuencia, declaro a nulidade do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución e os salarios de trámite fixados.

2º. A indemnización que debe aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 40.186,60 euros.

Os salarios de trámite que debe aboar a empresa ao traballador desde a data de despedimento ata a de extinción da relación laboral ascenden á suma de 12.779,04 euros (316 días por 40,44 euros salario/día).

3º. O Fogasa deberá pasar polo decidido nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causas seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Neiracarton, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza