Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52526

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (469/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 469/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Daniel Arias Ferreiro contra o Fogasa e Falcón Contratas y Seguridad, S.A., sobre ordinario, ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do seguinte teor literal:

Na Coruña o 19 de outubro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 469/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de José Daniel Arias Ferreiro, asistido do letrado Antonio Pousa Merens, contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., que non comparece e contra o Fogasa, que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por José Daniel Arias Ferreiro e condeno a empresa Falcón Contratas y Seguridad, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de 1.780,45 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza