Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52528

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1189/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1189/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Benavides Otero contra Sainos Galicia, S.L., sendo parte o Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«A Coruña, 20 de outubro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento de despedimento número 1189/2016 seguidos ante este xulgado por instancia de Manuel Benavides Otero, asistido do letrado Carlos Quintanilla López, contra Sainos Galicia, S.L. e Fogasa que non comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade co seguinte,

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Manuel Benavides Otero contra Sainos Galicia, S.L. e declaro improcedente o despedimento do demandante e condeno a empresa a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza opte, logo de acordo co alto directivo, entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento, dos salarios de tramitación desde a data do despedimento e que ascenden a 131,50 euros diarios ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 24.000,00 euros. En caso de desacordo, enténdese que opta polo aboamento das percepcións económicas.

Condénase a Sainos Galicia, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 7.400,00 euros, máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Condénase a Sainos Galicia, S.L. a que efectúe as cotizacións na S.S. desde o inicio da relación laboral e ao ingreso das cantidades deducidas por IRPF na AEAT.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Sainos Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza