Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2017 Páx. 51886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de outubro de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o inicio da tramitación do expediente de clasificación dos montes Chan do Mestre e outros, solicitados a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Chapela, da parroquia de Chapela (Redondela), e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión celebrada o día 14 de decembro de 2017 acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñais en man común dos seguintes montes:

Concello: Redondela.

Parroquia: Chapela.

Nome dos montes: Chan do Mestre e outros (Chan do Mestre: parcelas 2, 3 e 4, Maceiras de Abaixo, Coto do Celo: parcelas 2 e 3, Parada: parcelas 1 e 2, e Buraca: parcelas 1 e 2).

– Chan do Mestre-parcela 2.

Cabida: 1.546 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: pista forestal de acceso ao monte.

Sur: camiño a Parada.

Leste: estrada de subida á Buraca.

Oeste: muro que separa o monte Ferraduras e outro monte veciñal na parroquia de Chapela cuxa clasificación non se solicita.

– Chan do Mestre-parcela 3.

Cabida: 4.655 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: camiño a Parada.

Sur: outro monte veciñal da parroquia de Chapela cuxa clasificación non se solicita.

Leste: camiño a Parada e outro monte veciñal da parroquia de Chapela cuxa clasificación non se solicita.

Oeste: camiño da Barracrista.

– Chan do Mestre-parcela 4.

Cabida: 93 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: camiño a Parada.

Sur: pista forestal.

Leste: camiño a Parada.

Oeste: outro monte veciñal da parroquia de Chapela cuxa clasificación non se solicita.

– Maceiras de abaixo.

Cabida: 22.344 m2.

Estremas:

Norte: pista forestal, regato e outro monte veciñal da parroquia de Chapela cuxa clasificación non se solicita.

Sur: muro que separa de outro monte veciñal da parroquia de Chapela cuxa clasificación non se solicita.

Leste: pista forestal.

Oeste: muro que separa de outro monte veciñal da parroquia de Chapela cuxa clasificación non se solicita.

– Coto do Celo-parcela 2.

Cabida: 5.908 m2.

Estremas:

Norte: camiño do Galo, camiño de Luis Yáñez e pista forestal.

Sur: camiño de Luis Yáñez e outro monte veciñal da parroquia de Chapela cuxa clasificación non se solicita.

Leste: camiño do Galo.

Oeste: outro monte veciñal da parroquia de Chapela cuxa clasificación non se solicita.

– Coto do Celo-parcela 3.

Cabida: 5.467 m2.

Estremas:

Norte: camiño de Luis Yáñez e camiño Pita do Monte.

Sur: camiño de Luis Yáñez.

Leste: camiño Pita do Monte e camiño de Luis Yáñez.

Oeste: camiño Pita do Monte e pista forestal.

– Parada-parcela 1.

Cabida: 29.247 m2.

Estremas:

Norte: estrada subida a Madroa, camiño do Galo e outro monte veciñal da parroquia de Chapela cuxa clasificación non se solicita.

Sur: Monte Chan do Touciño do cal tamén se solicita a clasificación e outro monte veciñal da parroquia de Chapela cuxa clasificación non se solicita.

Leste: outro monte veciñal da parroquia de Chapela cuxa clasificación non se solicita.

Oeste: estrada subida a Madroa e outro monte veciñal da parroquia de Chapela cuxa clasificación non se solicita.

– Parada-parcela 2.

Cabida: 1.542 m2.

Estremas:

Norte: camiño do Galo.

Sur: camiño Pita do Monte.

Leste: outro monte veciñal da parroquia de Chapela cuxa clasificación non se solicita.

Oeste: outro monte veciñal da parroquia de Chapela cuxa clasificación non se solicita.

– Buraca-parcela 1.

Cabida: 420 m2.

Estremas:

Norte: camiño subida a Buraca.

Sur: outro monte veciñal da parroquia de Chapela cuxa clasificación non se solicita.

Leste: outro monte veciñal da parroquia de Chapela cuxa clasificación non se solicita.

Oeste: camiño subida a Buraca.

– Buraca-parcela 2 (transformador de Fenosa).

Cabida: 11 m2.

Estremas:

Norte: camiño subida a Buraca.

Sur: outro monte veciñal da parroquia de Chapela cuxa clasificación non se solicita.

Leste: outro monte veciñal da parroquia de Chapela cuxa clasificación non se solicita.

Oeste: outro monte veciñal da parroquia de Chapela cuxa clasificación non se solicita.

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo cal se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 24 de outubro de 2017

Xosé Carlos Morgade Martínez
Instrutor