Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2017 Páx. 51882

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2017 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e anticipada de gasto, documentalmente simplificada, do servizo de auxiliares nocturnos nos internados dos centros de formación e experimentación agroforestal dependentes da Dirección Xeral de Ordenación Forestal (dous lotes)(expediente 3/2018).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de auxiliares nocturnos para a atención das instalacións e dos ocupantes dos internados dos centros de formación e experimentación agroforestal dependentes da Dirección Xeral de Ordenación Forestal.

c) División por lotes e número: si, dous. Lote 1: CFEA de Sergude, sito no lugar de Quián, s/n, no concello de Boqueixón (A Coruña). Lote 2: CFEA de Lourizán, sito na Rúa da Igrexa, nº 19, no concello de Pontevedra.

d) Prazo de execución: comezará previsiblemente o 8.1.2018. Se a formalización do contrato ten lugar con posterioridade a esa data, o prazo de execución comezará ao día seguinte ao da formalización.

A duración do contrato será desde o inicio ata o 23 de xuño de 2019 e execútase só nos períodos lectivos do curso (non se inclúe xullo e agosto).

e) Admisión de prórroga: si, polo curso académico 2019-2020, con aviso previo antes do remate do contrato.

f) CPV: 79714000-2 y 98341130-5.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: prezo (único criterio).

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 71.137,00 €; IVE (21 %): 14.938,78 €; importe total: 86.075,78 €.

Valor estimado: 115.478,00 € (incluíndo a posible prórroga).

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, se o licitador conta coa clasificación grupo M, subgrupo 2, categoría 1, ou grupo L, subgrupo 6, categoría 1 estará exento de acreditar a solvencia.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas partes F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas: definitiva: 1.778,43 € (para cada lote).

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, 15781, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 981 54 57 48 (consultas administrativas); 981 54 66 79 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=216618

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do noveno día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Outras informacións: o licitador deberá atender ao estipulado na parte F.5 do cadro de características do prego, relativa ao compromiso de adscribir a este contrato -por estar en contacto directo con menores- medios persoais que cumpran o requisito de contar coa certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais (artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor).

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015, DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural