Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2017 Páx. 51834

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2017 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 23 de xuño de 2017 pola que se adxudican as axudas do anexo I, modalidade A da Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 11 de abril 2017 (DOG núm. 81, do 27 de abril), conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain), establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Mediante a Resolución do 23 de xuño de 2017 (DOG núm. 126, do 4 de xullo) adxudícanse as axudas da modalidade A ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa de formación posdoutoral que se relacionan no seu anexo I.

O artigo 18 da orde de convocatoria establece que no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou a Gain (segundo sexa o caso), e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo de tres meses a partir da data de publicación da resolución de concesión. O dito artigo tamén indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da listaxe de espera da modalidade e do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.

En consecuencia, atendendo á renuncia recibida na Gain,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada ás axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral, modalidade A, presentada polo Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia do CSIC, correspondente á persoa seleccionada que se cita a continuación:

Nº expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Rama de coñecemento

Zona 1º ano

Zona 2º ano

Total

IN606B-2017/012

Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia do CSIC

Álvarez

López

Vanessa

*****698R

Ciencias

1

2

70,5

Segundo. Adxudicar a axuda correspondente a esta renuncia á primeira solicitude da lista de espera, de acordo co artigo 18 da orde de convocatoria, correspondente á seguinte entidade e persoa investigadora:

Nº expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Rama de coñecemento

Zona 1º ano

Zona 2º ano

Total

IN606B-2017/001

Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do CSIC

Almansa

Sánchez

Jaime

*****703W

Artes e Humanidades

2

2

70,5

Terceiro. Declarar extinguidas as listas de espera da modalidade A destas axudas.

Cuarto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as entidades alleas ao SUG, segundo a renuncia e a nova incorporación, tal como se indica na seguinte táboa:

Modalidade A (Gain)

Aplicación orzamentaria

Entidades

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2017

2018

2019

2020

Total

09.A3.561A.403.0

Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do CSIC

4

42.816,66

160.000,00

158.500,00

114.683,34

476.000,00

09.A3.561A.403.0

Instituto de Investigacións Mariñas/CSIC

1

14.944,44

41.500,00

40.327,78

25.227,78

122.000,00

09.A3.561A.480.0

Fundación Profesor Novoa Santos

1

14.944,44

41.500,00

40.327,78

25.227,78

122.000,00

Total

6

72.705,54

243.000,00

239.155,56

165.138,90

720.000,00

Quinto. A data de comezo do contrato será o 1 de novembro de 2017.

Sexto. A entidade beneficiaria deberá remitir un escrito de aceptación a Gain no prazo de dez días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vinculará a persoa seleccionada aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 14 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Presidencia da Gain e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2017

Francisco Conde López
Presidente da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Renuncia á axuda concedida

Outras entidades

Nº expediente

Entidades

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Rama de coñecemento

Zona 1º ano

Zona 2º ano

Nota avaliación

IN606B-2017/012

Instituto de Investigación Agrobiolóxicas de Galicia do CSIC

Álvarez

López

Vanessa

*****698R

Ciencias

1

2

70,5

ANEXO II

Axuda da lista de espera concedida

Outras entidades

Nº expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Rama de coñecemento

Zona 1º ano

Zona 2º ano

Nota avaliación

IN606B-2017/001

Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC

Almansa

Sánchez

Jaime

*****703W

Artes e Humanidades

2

2

70,5