Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51706

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (241/2015).

Procedemento ordinario 241/2015

Demandante: Fundación Laboral de la Construcción

Avogado: Adrián Núñez Fernández

Demandados: Fogasa Fondo de Garantía Salarial, Paorga, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa

Edicto.

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 241/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Paorga, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decido que estimando integramente a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción, contra a entidade Paorga, S.L. e Fogasa, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 1.054,73 euros.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela non cabe recurso (artigo 191.2 LRXS).

A anterior resolución entregaráselle ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Paorga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza