Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51705

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (242/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 242/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Landro Albañilería, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que, estimando integramente a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción contra a entidade Landro Albañilería, S.L. e o Fogasa, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 534,50 euros.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso (artigo 191.2 da LRXS).

A anterior resolución entregarase ao/á letrado/a da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Landro Albañilería, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza