Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51708

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 712/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre despedimento obxectivo individual 712/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio López Otero contra Turmens Logística Urgente, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo:

– Admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia:

– Citar as partes para que comparezan o día 23.11.2017, ás 11.05 horas, na Secretaría deste xulgado, para a celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada, en caso de non se alcanzar a avinza, o día 23.11.2017, ás 11.10 horas, na planta baixa, sala de vistas, edificio dos xulgados, para a celebración do acto de xuízo ante a maxistrada.

– Advírtese á parte demandante que, en caso de non comparecer á sinalización sen alegar causa xusta que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se terá por desistida da súa demanda. Advírtese igualmente á parte demandada que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración e que estes continuarán sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso a dar conta ao xuíz.

Tamén se ten por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Turmens Logística Urgente, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza