Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 28 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, no que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do catálogo do Plan xeral de ordenación municipal: corrección de erros na ficha D-061 e creación das fichas D-061(a), D-061(b-c) e D-061(d), concello de Santiago de Compostela (expediente 2017AAE2065; código 1964/2017).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 27 de setembro de 2017, sobre a modificación puntual do catálogo do Plan xeral de ordenación municipal: corrección de erros na ficha D-061 e creación das fichas D-061(a), D-061(b-c) e D-061(d), concello de Santiago de Compostela.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático