Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2017 Páx. 51563

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (824/2015).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento número PO 824/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Margarita Vila Ayude contra Lucía Testa Villaverde, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Estimo a demanda presentada por Ana Margarita Vila Ayude, representada por el letrado Sr. Vázquez Díaz, contra Lucía Testa Villaverde, que non compareceu pese a constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar á demandante a cantidade de 1.217,18 euros, que devindicará o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é susceptible de recurso de suplicación, ao non exceder os 3.000 euros a contía litixiosa calculada, conforme o disposto no artigo 192 da Lei reguladora da xurisdición social (artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social).

Líbrese testemuño desta resolución para a súa incorporación ás actuacións, con inserción do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en forma a Lucía Testa Villaverde, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 19 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza