Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2017 Páx. 51564

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 72/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 72/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alfredo Morales Cajaraville contra a empresa Lineanorte Multiservicios, S.L., sobre ordinario, se ditou resolución, con data do 11.10.2017, impugnable en reposición no prazo de tres días, que se encontra á súa disposición na sede deste xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Lineanorte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 19 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza