Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2017 Páx. 51438

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (508/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 508/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Rodríguez Ameneiro contra Camilo Carballal, S.L., Fiatc Mutua de Seguros y Reaseguros a Prima Fija, Manuel Carballal Pazos, Camilo Carballal Pazos, Ramón Carballal Pazos, Fondo de Garantía Salarial e Ernst&Young (en calidade de administrador concursal), se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«1º. Que, desestimando integramente a pretensión articulada pola parte demandante contra a entidade aseguradora Fiatc, a debo absolver e a absolvo de todos os pedimentos articulados na súa contra.

2º. Que, estimándoa de modo íntegro en canto se dirixiu contra a empresa Camilo Carballal, S.L., a debo condenar e a condeno a que lle aboe ao demandante a cantidade de 28.000 € en concepto de indemnización por incapacidade permanente total derivada de accidente de traballo que deberá verse acrecentada co xuro legal do diñeiro contabilizado desde a interposición da papeleta de conciliación e ata o día de hoxe. A partir de hoxe e ata o completo aboamento da cantidade obxecto de condena deberase incrementar tal devindicación en dous puntos porcentuais.

3º. Que, así mesmo, debo condenar e condeno o Fogasa a aterse á condena imposta á empresa demandada.

4º. Que, con relación ás accións articuladas contra Camilo, Manuel e Ramón Carballal Pazos, e a administración concursal, debo estimar de oficio a excepción de incompetencia desta orde xurisdicional, sendo a civil a adecuada para o seu coñecemento e quedando, en consecuencia, aquelas imprexulgadas.

5º. Non se fai especial imposición de custas.

Expídase testemuño desta resolución para a súa unión aos autos e lévese o orixinal ao libro de sentenzas. Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que se deberá anunciar previamente ante este órgano xurisdicional no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa notificación».

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Camilo Carballal, S.L. e Camilo Carballal Pazos, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza