Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2017 Páx. 51437

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (123/2017).

Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 123/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Herrero y Cía sobre seguridade social, se ditou o auto de data 16.10.2017 recorrible en reposición no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Herrero y Cía, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 16 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza