Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2017 Páx. 51436

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (903/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 903/2014 por instancia de Ferrovial Agroman, S.A. contra Rasocal Obras, S.L., Unipersonal, Manuel Maroñas Márquez, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o Fondo de Garantía Salarial, sobre recarga de prestacións, nos cales se ditou a Sentenza do 5 de outubro de 2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Desestímase a demanda formulada por Ferrovial Agroman, S.A. contra a empresa Rasocal Obras, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e Manuel Maroñas Márquez, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e non procede declarar a nulidade pretendida.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante, dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Manuel Maroñas Márquez, expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de outubro de 2017

A secretaria xudicial