Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2017 Páx. 51440

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolucións (ETX 230/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 186/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores Hurtado Ventoso contra Chen Jinxiao e o Fogasa, foron ditadas as seguintes resolucións:

«Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, María Dolores Hurtado Ventoso, contra Chen Jinxiao, parte executada, polo importe de 5.236,49 euros en concepto de principal (964,04 euros de indemnización máis 4.272,45 euros de salarios de trámite), máis outros 523,64 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puido incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título e sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución».

«Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir o executado Chen Jinxiao a fin de que no prazo de 10 días aboe a cantidade de 5.236,49 euros en concepto de principal, máis outros 523,64 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0186 17), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación deles a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Chen Jinxiao a fin de que no prazo de 10 días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (art. 188 LXS)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Chen Jinxiao, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza