Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2017 Páx. 51442

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (523/2017).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 523/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Eduardo Javier Rodríguez Castro contra a empresa Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«– Citar as partes para que comparezan o día 18.1.2018, ás 11.05, na planta baixa, sala de vistas, Edificio Xulgados, ao acto de conciliación ante o/a letrado da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, o 18.1.2018, ás 11.10 do mesmo día, na planta baixa, sala de vistas, Edificio Xulgados, ao acto de xuízo.

– Unir a anterior indagación domiciliaria da demandada Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., e logo de intentarse a comunicación nos domicilios nela contidos procédase a citación edictal desta.

– Advírtase ás partes que en caso de non comparecer nin alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, o demandante non comparecido será tido por desistido da súa demanda, e non impedirá a celebración dos actos de conciliación e xuízo a non comparecencia do demandado, e continuará o procedemento, sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

- Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, pásase a dar conta ao xuíz.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta a súa señoría da sinalización efectuada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén aquela, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto a resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., en ignorado paradoiro, expido el presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza