Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2017 Páx. 51386

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 23 de outubro de 2017 pola que se modifica a autorización do centro privado Andaina do concello de Culleredo.

A representante da titularidade do centro privado Andaina, do concello de Culleredo (A Coruña), solicita a ampliación de seis (6) unidades de educación primaria.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar a ampliación de seis (6) unidades de educación primaria no centro privado cuxos datos se detallan a seguir:

Denominación: centro privado (CPR) Andaina.

Código do centro: 15032157.

Domicilio: rúa Aguaceiros, 21.

Localidade: Culleredo (Santo Estevo).

Código postal: 15174.

Concello: Culleredo.

Provincia: A Coruña.

Titular: Andaina Sociedad Cooperativa Limitada.

Composición resultante:

Educación infantil: 6 unidades.

Educación primaria: 12 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das unidades que se amplían, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria